E.E.I Cristo da Victoria

Mes: febrero 2017

FEIRA DE ENTROIDO 2017

O pasado venres 24 de febreiro puidemos desfrutar da I Feira de Entrodio
Como en calquera Feira tradicional, reinou a comida, música, venda de produtos artesáns (feitos polos nosos e nosas cativos e do CEP Celso Emilio Ferreiro) e gando, moito gando!!!

 

Para poder mercar e participar nas diferentes actividades da feira tiñamos que empregar os “Celios”, a moeda propia da feira que tivo moito movemento!!

Ademais de todo isto tivemos a visita do alcalde e outras autoridades e da TVG , que emitiu en directo no programa A Revista o ben que o pasamos na feira.

Por suposto queremos dar as grazas ao CEP Celso Emilio Ferreiro por invitarnos a participar nesta festa, ao ANPA Castelao e ANPA Moraima pola colaboración, así como a Asociación Casco Vello e ao Sr. Fitz, que foron de gran axuda.  Agradecemos a todas as persoas alleas o centro, a Peña cabalar DA CABALO que colaboraron cos seus animais e adicaron toda a mañá na realización desta festa, os gaiteiros ROIBEN que fixeron bailar o público miudo con moita alegría .Non nos podemos esquecer de agradecer tamén ás familias que viñeron a colaborar connosco e que nos axudaron a que os nosos e nosas nenas o pasaran en grande!!

 

 

COMEZA A SEMANA DA TROULA!!

Comezamos a semana da troula cumprindo as ordes de “Don Espantallo…”

Martes:

DSC_0511

DSC_0512DSC_0513

E menudas obras maestras trouxeron os Piartas, Botóns, Cenorias e Xoaniñas pintadas na cara. Familias, sodes unhas artistas!!

IMG-20170221-WA0015

DSC_0570

IMG-20170221-WA0016

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Mércores:

DSC_0547

E cumprindo coa orde de Don Espantallo… así de cómodos estivemos esta mañá na escola!!

DSC_0695 IMG-20170222-WA0007 IMG-20170222-WA0008 IMG-20170222-WA0009

Xoves:

IMG-20170222-WA0015

Con esta orde, ademais de pásalo ben, puidemos darnos conta de que todos e todas podemos disfrazarnos e vestirnos con calquera cousa; independentemente da súa cor ou forma; descubrindo o divertido que pode ser!

IMG-20170223-WA0003

DSC_0742(1)

IMG-20170223-WA0002

Agradecementos do Banco de Alimentos de Vigo

Familias queremos compartir convosco a carta que o Banco de Aliementos de Vigo enviounos como agradecemento pola doación de comida o pasado mes de decembro; posto que sen a vosa colaboración e solidariedade non seriamos quen de acadalo.

MOITÍSIMAS GRAZAS, en nome da escola e do banco de alimentos de Vigo

DSC_0510

18 de Febreiro, Día Internacional do Síndrome de Asperger

asperger

Con motivo do Día Internacional do Síndrome de Asperger, queremos compartir convosco o conto “El cazo de Lorenzo” para que podades desfrutalo cos vosos/as pequenos/as e non tan pequenos.

Trátase dun conto infantil sobre a  disCAPACIDADE;  fálanos das persoas que son diferentes e dos obstáculos que atopan no seu camiño, así como as dificultades que moitas veces lles poñemos.

Agardamos que vos guste

SAIDA Ó TEATRO

Hoxe Piratas, Botóns, Cenorias e Xoaniñas gozamos do teatro da  man da compañia Trompicallo, no auditorio Teatro Afundación de Vigo.

foto_osino_2__large-758x512

A  obra de monicreques “Osiño”  narra as aventuras dos habitantes da fraga que ven como se vai transfórmando coa chegada das diferentes estacións.

16406655_10154305090327844_6820742851793142085_n

Neste lugar vive Osiño coa súa nai e alí pasarán un inverno en que Osiño terá moito frío, ata que consiga aprender o que un oso debe facer para protexerse e poder xogar coa neve. Na primavera aparecerá o avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa nai de pequena coñecera un paporrubio. Polo verán darán un longo e fantástico paseo nocturno para levarlle á súa nai un anaco de queixo moi especial. E no outono celebrarán o seu aniversario cos seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos.

16406914_10154305090772844_7363256747664977541_n 16299092_10154305090782844_5533769115319165395_n

OLIMPIADAS POLA PAZ

Que mellor forma de traballar a paz, que creando espazos seguros para as nosas cativas e cativos, cheos de cariño e de doces palabras onde o diálogo e o respeto son a chave dos momentos de paz.

Entre toda a escola construimos un Muro pola paz. Durante varias sesións previas elaboramos cada ladrillo con palabras claves para convivir en paz.

Para decorar as paredes da escola formamos unha cadea de bonecos personalizados para demostrar o noso compromiso por vivir en armonía.

Coa axuda das familias cada aula elaborou o seu libro de receitas para a paz, en breves viaxará polas vosas casas para que disfrutedes do resultado final e pasará a formar parte da biblioteca de aula.

Sin título

Celebramos o día da paz participando nas Olimpiadas pola paz. Montamos un circuito polo patio cuberto. Fixemos grupos mixtos de 12 cativ@s que tiñan que ir rotando polos 4 postos  de  xogos cooperativos, ollade que ben o pasamos!!!

Click para ver a presentacion

Tamén houbo tempo para traballar o arte da man da escultura “Pistola anudada” e descubrir a súa historia.

pistola1

Esta obra sitúase en Manhattan, no exterior da sede das Nacións Unidas en Nova York . A escultura, creada polo artista sueco Carl Fredrik Reuterswärd, foi diseñada como tributo a John Lennon tralo seu asasinato na ciudade de Nova York, o 8 de decembro de 1980, é converteuse nun símbolo da paz. Piratas e Botóns que son artistas consumados fixeron a sua versión desta escultura.
Quedoulles moi vistosas e alegres!!!

20170127_134232

IMG-20170204-WA0086

 

 

 

 

 

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS!!

Invitámosvos a visitar a escola os días 6, 7 e 8 de marzo.

O día 7 en horario de mañá ( de 10:00 a 13:00h)e os días 6, 7 e 8 en horario de tarde, a partires das 16:00h.

Ademais teremos unha xuntanza informativa o día 7 ás 16:30 horas.

Mentres tanto tamén podedes visitar a nosa páxina web, onde recollemos información sobre as instalacións, servizos, proxecto e actividades da escola.

Para calquera cuestión ou consulta non dubidedes en poñervos en contacto.

16195975_628962460648333_5594125603798125730_n