Hoxe, con motivo do día mundial de concienciación sobre o autismo, queremos compartir convosco esta infografía fundamental para conseguir entre todos romper mitos e barreiras sobre este trastorno.
https://www.bloghoptoys.es/infografia-sobre-los-prejuicios-del-autismo/
Tamén “El viaje de María”, un cortometraxe de animación realizado polo debuxante Miguel Gallardo, pai de María. “El viaje de María” é unha pequena excursión ao mundo interior dunha adolescente con autismo, unha viaxe chea de cor, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no percorrido duns pais que ven como a súa filla se comporta dunha maneira especial ata confirmar o diagnóstico: autismo
Agardamos que vos gusten!