E.E.I Cristo da Victoria

Mes: septiembre 2017

Información Aula Matinal ANPA Celso Emilio Ferreiro Curso 2017-2018

Familias achegámosvos a información que o ANPA Celso Emilio facilitounos sobre a aula matinal para este curso 2017-2018, xa que tamén está dispoñible para os nenos e nenas da EEI Cristo da Victoria.

– Horario: dende as 7:30 ata as 9:10. Podedes empregala según as vosas necesidades, a tarifa adaptarase ao uso que fagades da mesma. Podedes darvos de alta e baixa tantas veces como precisedes durante o curso, así coma modificar o horario. Os gastos abonaranse directamente á monitora a mes vencido.

– Impártese no aulario (edificio pequeno do Celso Emilio) na primeira planta. Os/as neno/as teñen xogos, puzzles, bonecas, coches, contos etc…. Os/as nenos/as desta escola son entregados na súa aula á hora da entrada.

– Para poder empregar este servizo é preciso colaborar coa cota de socio en ambas ANPAs (8 euros en cada unha) e un seguro de accidentes (8 euros por neno). Estes importes abonanse 1 soa vez por curso.

– Prezo:
unha hora os 5 días = 25 euros/ mes
media hora os 5 días = 12 euros/mes.
(a tarifa varia segun uso.)

 
– Se queredes solicitala, debedes entregar unha inscrición para a alta. (Dispoñibles na oficina do ANPA Celso Emilio)