E.E.I Cristo da Victoria

Mes: octubre 2017

Inauguración da Biblioteca da Estrella Xela

Inauguramos a biblioteca da escola

Onte inauguramos a Biblioteca da escola coa visita de Bea Campos e Paulo, da compañía Migallas, que acompañados de guitarra e acordeón contáronnos contos a  Cenorias e Xoaniñas.

dav

IMG-20171018-WA0011

IMG-20171018-WA0016

dav

dav

As Nubes e as Estrelas desfrutaron cos contos de Maruxa.

IMG-20171018-WA0012

IMG-20171018-WA0013

IMG-20171018-WA0014

IMG-20171018-WA0015

Queda así inaugurada a Biblioteca da Estrela Xela para poder desfrutar xuntos dos seus contos, préstamo de libros, búsqueda de información, momentos de lectura…

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS TEMOS ALGO QUE CONTARVOS

Ola familias!

Como xa sabedes, na nosa escola é tradición que cada aula teña un nome que a identifique…pois ben, os nosos nenos e nenas de 3 anos xa elixiron o seu nome.

Os cativos da clase da profe Cris, elixiron o nome de AULA DAS ESTRELAS… e os cativos da clase da profe Isa, elixiron o nome de AULA DAS NUBES...

Ademais, tamén fixeron uns carteis coas súas mans e os seus nomes para decorar a nosa escola, que quedaron moi pero que moi bonitos, non credes?

20171010_191030

Saída ao Parque da Bouza

Desfrutamos xuntos da natureza no Parque da Bouza

Onte Xoaniñas e Cenorias desfrutamos da xa tradicional “saída de outono” ao Parque da Bouza. Alí puidemos desfrutar da natureza, atopar grandes tesouros e elementos naturais propios desta época do ano cos que despois poder traballar na aula dende a lóxica-matemática ata as nosas cualidades artísticas. Ademáis contemplamos os parrulos do humedal e merendamos facendo un pícnic todos xuntos, para así repoñer forzas e voltar á escola!

A saída foi todo un éxito, desfrutamos moito tanto cativos/as como adultos, e iso foi en gran parte gracias á colaboración das familias; sen vós esta saída non sería igual, xa que facer grupiños moi reducidos permítenos deixar aos nenos e nenas buscar e desfrutar con maior liberdade.

Aquí vos deixamos un pequeno video con fotos acompañadas da música de Vivaldi “As catro estacións – O outono”, que demostran o ben que o pasamos. Agardamos que vos guste!!

 

Datas de interese!!

Días non lectivos e datas de interese.

Familias deixámosvos as datas dos días non lectivos establecidos pola Consellería de Educación na Orde de calendario escolar para este curso 2017-2018
http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar


Ademais destes días, serán días non lectivos o venres 13 de outubro e o venres 18 de maio.

Aproveitamos para informarvos con antelación (para aqueles que precisedes/queirades pedir o día no traballo) que o martes 19 de decembro terán lugar as xuntanzas coas familias nas aulas, e o mércores 20 de decembro o Concerto de Nadal en Familia na Parroquia do Cristo da Victoria