E.E.I Cristo da Victoria

Saída ao Parque da Bouza

Desfrutamos xuntos da natureza no Parque da Bouza

Onte Xoaniñas e Cenorias desfrutamos da xa tradicional “saída de outono” ao Parque da Bouza. Alí puidemos desfrutar da natureza, atopar grandes tesouros e elementos naturais propios desta época do ano cos que despois poder traballar na aula dende a lóxica-matemática ata as nosas cualidades artísticas. Ademáis contemplamos os parrulos do humedal e merendamos facendo un pícnic todos xuntos, para así repoñer forzas e voltar á escola!

A saída foi todo un éxito, desfrutamos moito tanto cativos/as como adultos, e iso foi en gran parte gracias á colaboración das familias; sen vós esta saída non sería igual, xa que facer grupiños moi reducidos permítenos deixar aos nenos e nenas buscar e desfrutar con maior liberdade.

Aquí vos deixamos un pequeno video con fotos acompañadas da música de Vivaldi “As catro estacións – O outono”, que demostran o ben que o pasamos. Agardamos que vos guste!!

 

Comparte:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *