E.E.I Cristo da Victoria

COMPARSA DE ENTROIDO

Grazas a tregua que nos deu a choiva  OS MÚSICOS DA RECONQUISTA saimos as rúas do barrio. Cas nosas mellores galas, bailamos ó ritmo dos instrumentos creados para a ocasión. Agradecer ás familias polo material  de refugallo aportado para a elaboración de tambores, maracas e paus de chuvia . Nas aulas acercamos a RECONQUISTA @s cativ@s. … Continuar leyendo “COMPARSA DE ENTROIDO”

Grazas a tregua que nos deu a choiva  OS MÚSICOS DA RECONQUISTA saimos as rúas do barrio. Cas nosas mellores galas, bailamos ó ritmo dos instrumentos creados para a ocasión.

foto

Agradecer ás familias polo material  de refugallo aportado para a elaboración de tambores, maracas e paus de chuvia .

_DSC4528

Nas aulas acercamos a RECONQUISTA @s cativ@s. Indagamos sobre os personaxes famosos coma Carolo e Cachamuiña, falamos da fortaleza da cidade e da porta de Gamboa, descubrimos as bandeiras de Francia e Vigo e outras curiosidades.

Outro ano mais que celebramos o entroido colaborando co colexio  Celso Emilio  e compartindo máxicos momentos con antig@s  alumn@s da escola.

Desfilamos na compaña de verduleiros, canteiros, pescadores e cesteiros, cas suas femosas carrozas.  As tropas francesas foron as encargadas de pechar o desfile.

_DSC4558 _DSC4570 _DSC4581

 

_DSC4592

Non faltou o humor e animación da man  de TROULA  e a música da charanga VACA PINTA, de Vincios e do grupo de música de familiares e amig@s da escola.
_DSC4613 _DSC4749

Para recuperar enerxías, merendamos no colexio Celso Emilio onde disfrutamos  de doces típicos do entroido e dos deliciosos choripans.

Toda a nosa gratitude para a AMPA Moraima, a AMPA Castelao  e o equipo educativo do CEP Celso Emilio Ferreiro por facelo posible.

_DSC4779

O xoves 15 continua a troula na escola!!!  teremos desfile de disfraces, merenda compartida cas familias, con unha morea de doces típicos destas datas e queimaremos a Domisol. Estades invitados!!!

Comparte:

1 Comentario(s):

  1. Genial. Qué ambiente tan estupendo sois capaces de crear. Gracias al profesorado por tanta creatividad y organizar tantas y tan divertidas situaciones de aprendizaje.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *