E.E.I Cristo da Victoria

Mes: abril 2018

Saída ó teatro “Antón comodón”


Hoxe nubes, estrelas, xoaniñas e cenorias visitamos o Teatro da nosa cidade. Disfrutamos da man da compañía L’Estaquirot teatre ca obra de teatro de monicreques en castelán “Antón Comodón”, dentro da programación de actividades para escolares de Afundación.

Esforzo, autonomía persoal e amizade son algúns dos valores que a obra Antón Comodón ensina aos máis pequen@s. A Antón, de neno, na súa casa facíanllelo todo, non era preciso que aprendese nada. Cando medrou, tiña un axudante para todo, Nicolás, mais un día este pensou que xa podía emprender a súa viaxe e marchou vivir ás illas Verdes deixando a Antón só…

 

Obradoiro de primeiros auxilios

Hoxe tivemos a sorte de participar nun obradoiro de primeiros auxilios.

Hoxe tivemos a sorte de participar nun obradoiro de primeiros auxilios.

Da man de Laura e Mariña, mamás da aula das Cenorias, aprendemos o que temos que facer en caso de accidente, hemorraxia, queimaduras, atragantamento…

…e por suposto practicamos reanimando aos nosos monecos, así de ben o fixemos!!

 

Moitísimas grazas unha vez máis ás mellores mestras de primeiros auxilios que puidemos ter, sodes xeniais!!

Agardamos que o desfrutarades tanto coma nós!

Visitas màxicas e cheas de ciencia

Visitas que endulzan os corazóns e as neuronas das Xoaniñas!!! Xogamos con imàns, comprobamos a sua reacción dentro e fora da auga, e gracias a afición do avó Juan comprobamos como é por dentro unha radio antiga. Gracias África, gracias Juan por estas experiencias tan molonas