E.E.I Cristo da Victoria

Mes: mayo 2018

COÑECENDO A MARIA VICTORIA MORENO

Durante esta mañá, nubes, estrelas , xoaniñas e cenorias acudimos a biblioteca do centro a escoitar  un dos contos mais fermosos de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018.

O Cataventos ” conta a historia dun galiñeiro onde por culpa do fachendoso galo Don Pío, as pitas e paxaros non podian vivir en liberdade na aldea. A envexa e ambición que sinte son tan grandes que o levarán a soidade absoluta…

Por arte de maxia, as profes Asun e Fabia,  trasformáronse en contacontos. !!!Estivo xenial!!! foi moi dinámico, axudamos a atopar as letras do nome da autora, cantamos, bailamos, e para rematar nos  agasallaron un libro para xogar na aula e nos entregaron marcapaxinas para personalizar e levar para casa.

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos descubrindo a esta gran muller, que pese a nacer en Cáceres foi unha namorada da nosa terra e deixou unha chea de obras na nosa lingua.

 

Saída Cine Miúdo

Festival Primavera do Cine

Hoxe Cenorias e Xoaniñas tivemos un primeiro contacto co “Cine Mudo”. Da man de ” Trio Caspervek” coñecimos a importancia da música no cine e, entre todos, escollemos a mellor música para escenas de películas coñecidas sen audio e mesmo algunhas e algúns escollidos puidemos colaborar tocando algún instrumento.
Para rematar descubrimos ao gran Charles Chaplin e o seu papel no cine mudo.

  • sdr

 

 

 

 

 

FESTA DOS MAIOS

Damos a benvida á primavera.

O pasado venres día 4 de maio celebramos na nosa escola a FESTA DOS MAIOS para dar a benvida á primavera, onde os nosos nenos e nenas decoraron un maio que deixaron precioso e o redor do cal cada clase cantou a súa copla.
Ademais tamén desfrutamos da música tradicional grazas o grupo folclórico de amig@s da escola, que nos acompañou unha vez mais nesta festa, e poder así bailar cos nosos amigos e amigas así como coas nosas familias…Mirade o ven que pasamos.

 

Saída ao museo Liste

Cenorias e Xoaniñas desfrutamos das actividades do museo Liste

Hoxe Cenorias e Xoaniñas visitamos o museo Liste para participar en dúas actividades.

As Cenorias participamos nunha actividade sobre a festa dos maios. En primeiro lugar lembramos por que se celebra esta festa tradicional para despois participar nun obradoiro no que fixemos e decoramos o noso propio maio e un “arco” propio da zona de Betanzos, a través do cal é típico pasar por baixo cantando unha canción.

 

Este trimestre  na aula das xoaniñas montamos  ” a casa da música” por este motivo disfrutamos do obradoiro de Instrumentos humildes ofertado polo Museo Liste.

Breve historia da súa fabricación e finalidade.

Descubrimos moitos obxectos de uso cotiá que se poden usar como instrumentos; botella de anís labrada, culleres, dedais con pota ou prato…

Fixemos unha viaxe ó pasado para coñecer os xoguetes  dos nosos avós que imitaban instrumentos, carrizos,roncollo, lapeta, reque-reque…
O obradoiro rematou coa confección dun  carrizo, e os fixemos sonar cando bailamos arredor do maio cas cenorias .

Antes de marchar, cantamos e bailamos todos xuntos arredor do maio!