E.E.I Cristo da Victoria

COÑECENDO A MARIA VICTORIA MORENO

Durante esta mañá, nubes, estrelas , xoaniñas e cenorias acudimos a biblioteca do centro a escoitar  un dos contos mais fermosos de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018. “ O Cataventos ” conta a historia dun galiñeiro onde por culpa do fachendoso galo Don Pío, as pitas e paxaros … Continuar leyendo “COÑECENDO A MARIA VICTORIA MORENO”

Durante esta mañá, nubes, estrelas , xoaniñas e cenorias acudimos a biblioteca do centro a escoitar  un dos contos mais fermosos de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018.

O Cataventos ” conta a historia dun galiñeiro onde por culpa do fachendoso galo Don Pío, as pitas e paxaros non podian vivir en liberdade na aldea. A envexa e ambición que sinte son tan grandes que o levarán a soidade absoluta…

Por arte de maxia, as profes Asun e Fabia,  trasformáronse en contacontos. !!!Estivo xenial!!! foi moi dinámico, axudamos a atopar as letras do nome da autora, cantamos, bailamos, e para rematar nos  agasallaron un libro para xogar na aula e nos entregaron marcapaxinas para personalizar e levar para casa.

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos descubrindo a esta gran muller, que pese a nacer en Cáceres foi unha namorada da nosa terra e deixou unha chea de obras na nosa lingua.

 

Comparte:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *