E.E.I Cristo da Victoria

Mes: junio 2018

Saída ecoparque Atalaia

As Cenorias visitamos o ecoparque Atalaia

O luns As Cenorias visitamos o ecoparque Atalaia xa que estamos a piques de rematar esta etapa e queriamos despedirnos cunha saída especial.

Estabamos todas e todos moi emocionados, pois iamos visitar un ecoparque e ademais quedaríamos a comer alí xunt@s.
Fixemos unha morea de actividades: tiro con arco, hípica, visita á horta e invernadoiros e tamén puidemos desfrutar de todos os animais.

A pesar de que o tempo non foi o mellor que puidemos ter, desfrutamos moitísimo e sen dúbida foi unha gran experiencia e despedida!

 

As Cenorias visitamos o CEP Celso Emilio Ferreiro

Hoxe as Cenorias fixemos unha visita moi especial… Visitamos o que será o noso próximo cole. Estabamos moi nerviosas/os e ilusionadas/os!! Ao entrar xa nos estaban esperando para darnos a benvida!!

Visitamos e coñecimos as aulas de 1º de primaria, pois serán as que ocupemos nós o vindeiro curso; tamén visitamos as de 2º, 3º, 4º… pois queriamos coñecer ás e aos profes, antigas e antigos compañeiros de escola, amigas/os, irmáns e irmás…

Despois pasamos ao comedor, onde nos agardaba unha merenda en compañía das nenas e nenos de 1º de primaria, cos que compartimos tamén un ratiño de lecer no patio.

Xa para rematar desfrutamos dos bailes cos que as nenas e nenos do Celso Emilio quixéronnos agasallar.

Moitas grazas por esta gran acollida!!