Hoxe as Cenorias fixemos unha visita moi especial… Visitamos o que será o noso próximo cole. Estabamos moi nerviosas/os e ilusionadas/os!! Ao entrar xa nos estaban esperando para darnos a benvida!!
Visitamos e coñecimos as aulas de 1º de primaria, pois serán as que ocupemos nós o vindeiro curso; tamén visitamos as de 2º, 3º, 4º… pois queriamos coñecer ás e aos profes, antigas e antigos compañeiros de escola, amigas/os, irmáns e irmás…
Despois pasamos ao comedor, onde nos agardaba unha merenda en compañía das nenas e nenos de 1º de primaria, cos que compartimos tamén un ratiño de lecer no patio.
Xa para rematar desfrutamos dos bailes cos que as nenas e nenos do Celso Emilio quixéronnos agasallar.
Moitas grazas por esta gran acollida!!
Hermosos. Que emocionante 🙂