E.E.I Cristo da Victoria

Categoría: Noticias

Información Aula Matinal ANPA Celso Emilio Ferreiro Curso 2017-2018

Familias achegámosvos a información que o ANPA Celso Emilio facilitounos sobre a aula matinal para este curso 2017-2018, xa que tamén está dispoñible para os nenos e nenas da EEI Cristo da Victoria.

– Horario: dende as 7:30 ata as 9:10. Podedes empregala según as vosas necesidades, a tarifa adaptarase ao uso que fagades da mesma. Podedes darvos de alta e baixa tantas veces como precisedes durante o curso, así coma modificar o horario. Os gastos abonaranse directamente á monitora a mes vencido.

– Impártese no aulario (edificio pequeno do Celso Emilio) na primeira planta. Os/as neno/as teñen xogos, puzzles, bonecas, coches, contos etc…. Os/as nenos/as desta escola son entregados na súa aula á hora da entrada.

– Para poder empregar este servizo é preciso colaborar coa cota de socio en ambas ANPAs (8 euros en cada unha) e un seguro de accidentes (8 euros por neno). Estes importes abonanse 1 soa vez por curso.

– Prezo:
unha hora os 5 días = 25 euros/ mes
media hora os 5 días = 12 euros/mes.
(a tarifa varia segun uso.)

 
– Se queredes solicitala, debedes entregar unha inscrición para a alta. (Dispoñibles na oficina do ANPA Celso Emilio)

Xuntaza novas familias!

Mércores 14 de xuño, 17:00 h.

O mércores 14 de xuño ás 17:00 horas teremos unha xuntanza coas familias dos nenos e nenas que se incorporán a esta escola o vindeiro curso 2017-2018.

A xuntanza levarase a cabo no comedor da escola.

Nesta xuntanza darémosvos algún consello útil, resolveremos dúbidas… Tamén vos faremos entrega da documentación necesaria para a formalización da matrícula, comedor e transporte.

Procurade, dentro das vosas posibilidades, acudir sen os vosos fillos/as.

 

Datas de interese

Derradeira xuntanza coas familias; Festival de fin de curso e graduación dos nenos e nenas de 5 anos

Familias informámosvos de que o día 22 de xuño celebraremos o “Festival de fin de curso” e a “Graduación dos nenos e nenas de 5 anos”.
O martes 20 de xuño teremos a derradeira xuntanza coas familias.
Informámosvos con tempo por se precisedes pedir o día no traballo e organizar a vosa axenda!
Sin título

Listas de admitidos/as para o curso 2017-2018

Solicitudes de admisión para 4º, 5º e 6º de educación infantil

Familias deixámosvos as listas de nenos e nenas admitidos para o próximo curso 2017-2018.

Lembrámosvos que o prazo de matrícula é do 20 ao 30 de xuño (informarémosvos con tempo da documentación que tendes que entregar a través do blog e redes sociais)

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición.

SOLICITUDES DE ADMISIÓN 4º E.I. 2017

SOLICITUDES DE ADMISIÓN 5º E 6º 2017-18

INFORMACIÓN SOBRE AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Grazas por elexirnos

Grazas a todas as familias por elexirnos para matricular aos vosos fillos e fillas en 3 anos para o curso 2017-2018, informámosvos de que TODOS e TODAS estades admitidos e admitidas.

Entre o 20 e 30 de xuño, podedes entregar no centro a documentación necesaria para facer a matrícula.

 

Agradecementos do Banco de Alimentos de Vigo

Familias queremos compartir convosco a carta que o Banco de Aliementos de Vigo enviounos como agradecemento pola doación de comida o pasado mes de decembro; posto que sen a vosa colaboración e solidariedade non seriamos quen de acadalo.

MOITÍSIMAS GRAZAS, en nome da escola e do banco de alimentos de Vigo

DSC_0510

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS!!

Invitámosvos a visitar a escola os días 6, 7 e 8 de marzo.

O día 7 en horario de mañá ( de 10:00 a 13:00h)e os días 6, 7 e 8 en horario de tarde, a partires das 16:00h.

Ademais teremos unha xuntanza informativa o día 7 ás 16:30 horas.

Mentres tanto tamén podedes visitar a nosa páxina web, onde recollemos información sobre as instalacións, servizos, proxecto e actividades da escola.

Para calquera cuestión ou consulta non dubidedes en poñervos en contacto.

16195975_628962460648333_5594125603798125730_n

BANCO DE ALIMENTOS

OLA FAMILIAS!

HOXE POLA MAÑÁ FIXEMOS ENTREGA NO BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO, OS ALIMENTOS QUE MERCAMOS CO DIÑEIRO QUE SE RECOLECTOU COS CALENDARIOS SOLIDARIOS FEITOS NO 1º TRIMESTRE POLOS VOSOS FILLOS E FILLAS.

AQUÍ PODEDES VER TODO O QUE SE ENTREGOU…

20170124_172507 20170124_172529 20170124_173622 20170125_091329

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

A noite mais máxica do ano

As suas Maxestades de Oriente xa están en marcha!!! Chegarán a cada fogar mediante  a maxia ancestral. Sede xeneros@s e non esquezas deixarlles algo de beber e comer para recobrar enerxía pois teñen moito traballo.  fb_img_1483527961735

Renovamos el blog!

El Blog de la escuela ahora es más cómodo de navegar y leer. Le hemos aplicado el mismo diseño que utiliza nuestra Web para normalizar el aspecto de todas las páginas de la misma. De ésta forma pretendemos que no experiences ‘saltos’ cuando navegues la Web de la E.E.I Cristo da Victoria

Deseamos que el cambio sea de tu agrado y de la mayoría. Nos gustaría escuchar todas vuestras opiniones y sugerencias, estamos impacientes. Así que te pedimos, por favor, que nos dejes un comentario si tienes cinco minutos.

Un saludo y disfruta del blog 🙂